A Deputación de Ourense participa no Encontro de Sober 2025 para reforzar a alianza entre o rural e a industria galega

Compartir

Este 8 de maio, a Deputación de Ourense, a través do deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, estivo presente na inauguración do Encontro de Sober 2025, un foro económico estratéxico que se celebra hoxe e mañá no Áurea Palacio de Sober. Organizado por CESUGA, o evento reúne a máis de 400 asistentes e un cento de expertos do ámbito empresarial, académico e institucional.

 

Sober, 8 de maio de 2025. 

Este 8 de maio, a Deputación de Ourense estivo presente na inauguración do Encontro de Sober 2025, un foro económico estratéxico que se celebra hoxe e mañá no Áurea Palacio de Sober. Organizado por CESUGA, o evento reúne a máis de 400 asistentes e un cento de expertos do ámbito empresarial, académico e institucional.

Nesta segunda edición, o Encontro pon o foco na Galicia interior como espazo de oportunidade e futuro, cunha programación centrada nos retos da agroindustria, a sustentabilidade, a innovación rural e o emprendemento. Desde a Deputación de Ourense reafirmamos o noso compromiso coa cooperación interterritorial e co impulso de iniciativas que conecten talento, territorio e desenvolvemento económico.