A Deputación de Ourense participa no primeiro aniversario do centro de ciberseguridade de Galicia
Ourense, 19 de xuño de 2019.- O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, participou en Santiago na celebración do primeiro aniversario de Tegra Cybersecurity Center, o centro de ciberseguridade de Galicia. Suárez expuxo as iniciativas que aplica da Deputación en materia de seguridade da información, destacando "o esforzo da institución provincial na adaptación ao marco normativo, no que atinxe ao regulamento europeo de protección de datos e o esquema nacional de seguridade", para o cal nomeouse un delegado de protección de datos e unha oficina provincial de seguridade "co obxectivo de centralizar a política provincial de seguridade da información e dar apoio aos concellos nesta materia".
Na mesa, moderada polo xerente de Gradiant, Fernando Jiménez, tamén participou Roberto Baratta, o director de Prevención Pérdidas-Continuidad de Negocio-Seguridad de ABANCA; Carlos López, Head of Digital Risk Office de Hijos de Rivera SAU; e David González, responsable de seguridade de información do Grupo Coren.