A Deputación de Ourense participa nun seminario internacional sobre Prácticas de Cooperación

Compartir

  • José Antonio Feijóo Alonso, membro do goberno provincial, expuxo hoxe en Santa Marta de Penaguiao (Portugal) as peculiaridades do Couto Mixto como "república esquecida nas nosas fronteiras".

A Deputación de Ourense, representada polo membro do goberno provincial e alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso, interveu hoxe no Seminario de Prácticas de Cooperación Internacional, celebrado en Santa Marta de Penaguiao (Portugal) e no que participaron destacados expertos internacionais no ámbito da estruturación e desenvolvemento europeo.

José Antonio Feijóo elaborou e presentou un relatorio titulado "unha república esquecida na nosa fronteira", baseada nas peculiaridades do Couto Mixto, entidade singular que contaba con banco e moeda propios dentro do territorio e outra serie de "privilexios" dos cidadáns, situación que rematou co Tratado de Lisboa en 1864.

O Seminario de prácticas de cooperación internacional incluíu relatorios do presidente da Cámara Municipal de Santa Marta de Penaguiao, da Cámara Municipal do Porto e da Fundación Museu do Douro, abordando aspectos como a cooperación transnacional e a nova etapa 2014-2020.