A Deputación de Ourense potencia o seu asesoramento xurídico aos "preferentistas"

Compartir

  • A institución provincial acorda con Ausbanc reforzar o apoio nas xestións en favor dos afectados

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acordou hoxe na reunión que mantivo co delegado de Ausbanc en Ourense, Jesús Garriga Domínguez, reforzar o apoio no asesoramento xurídico que se lle presta aos afectados ourensáns polas "preferentes". Desta maneira a Deputación de Ourense potencia o seu labor de asesoramento que ven prestando aos afectados polas participacións preferentes e subordinadas, ofrecéndolles asesoramento xurídico sobre as cuestións relacionadas con este proceso. O presidente provincial afirma que con este novo acordo con Ausbanc "os afectados contarán cun servizo gratuíto de información e asesoramento, destinado aos titulares de preferentes ou débeda subordinada empadroados na provincia de Ourense".

Os usuarios deste servizo teñen dereito a contratar o asesoramento particular que consideren, sen ter ningunha obriga de contratar os servizos profesionais relacionados con Ausbanc para exercer as accións que procedan.