A Deputación de Ourense promove a Vía da Prata nun ciclo da UNED en Zamora
Rosendo Fernández puxo en valor o “factor diferencial” do AVE para Ourense e Zamora
A Deputación de Ourense promove a Vía da Prata nunhas xornadas da UNED en Zamora
O deputado de Turismo, Rosendo Fernández, puxo en valor o “factor diferencial” do AVE para Ourense e Zamora
O deputado provincial de Turismo e presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández, puxo en valor os atractivos dos Camiños a Santiago pola provincia de Ourense, durante a inauguración do ciclo de conferencias da Vía da Prata que organiza a UNED en Alcañices (Zamora). Máis de 300 persoas seguiron a través de Internet a inauguración, con usuarios procedentes de países como España, Portugal, Brasil, Rusia ou México.
Rosendo Fernández subliñou o “factor diferencial” da Alta Velocidade para as provincias de Ourense e Zamora, como unha “oportunidade” para dar a coñecer aínda máis aos visitantes tesouros como a Vía da Prata, así como a relevancia da cooperación como unha das estratexias do goberno provincial.
Rosendo Fernández estivo acompañado na inauguración do ciclo de conferencias por Paulo Jorge Almendra Xavier, presidente da Cámara Municipal de Bragança; Jesús Lorenzo, edil de Alcañices e presidente da mancomunidade Tierras de Aliste e Jesús Manuel Garcia, director da UNED en Ourense.