A Deputación de Ourense retransmite vía web tres mesas de contratación relativas a contratos de subministro
Ourense, 31 de xullo de 2014.- A Deputación de Ourense retransmitíu hoxe, tal e como estipula o Código Ético da institución provincial, tres mesas de contratación relativas a contratos de subministros de maquinaria, un vehículo e ofertas para luminarias. A primeira delas tivo lugar ás 10.30 horas, e nela abríronse as ofertas para o subministro de luminarias destinadas a súa instalación en edificios provinciais, dando traslado das mesmas aos servizos técnicos para a súa valoración.
A segunda mesa tivo lugar ás 10.40 horas. Nela deuse conta do informe técnico de valoración de ofertas para a adquisición dun vehículo tipo pick-up e formulouse proposta de adxudicación a favor da empresa Rofervigo, S.L., por importe de 33.100 euros.
A terceira mesa de contratación celebrouse ás 13.30 horas e nela deuse conta do informe técnico de valoración de ofertas para o subministro de maquinaria con destino á sala de fitness do Pazo dos Deportes "Paco Paz", e formulouse proposta de adxudicación en favor da empresa Life Fitness por importe de 64.994,55 euros.
A Deputación de Ourense é a primeira de España en realizar retransmisións vía web das mesas de contratación, unha iniciativa contemplada no Código Ético do ente provincial, dentro da súa liña estratéxica institucional de transparencia.