A Deputación de Ourense súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama

Compartir

Ourense, 19 de outubro de 2023.- A Deputación de Ourense súmase aos actos conmemorativos polo Día Mundial contra o Cancro de Mama propostos pola Asociación Española Contra o Cáncer, que este ano realiza baixo o lema "O rosa é máis que unha cor". A deputada de Política Social, Patricia Torres, participou hoxe na rúa do Paseo no acto público de colocación da banda cruzada rosa que se organizou para conmemorar esta xornada.