A Deputación de Ourense únese á "Declaración de Gredos" pola repoboación do medio rural

Compartir
 
  • Rosendo Fernández asistiu hoxe, no Parador de Gredos de Ávila, á "Conferencia de Deputacións, Comunidades Autónomas e Administración do Estado para a repoboación rural e territorial", na que se asinou este documento.

Ourense, 17 de xaneiro de 2020.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistiu hoxe, no Parador de Gredos de Ávila, enclave decisivo para a redacción da Constitución Española, á "Conferencia de Deputacións, Comunidades Autónomas e Administración do Estado para a repoboación rural e territorial". Na xornada asinouse a "Declaración de Gredos pola Innovación e o Emprendemento para a Repoboación Rural e Territorial", que pretenden que sexa a "antesala" do futuro Pacto Nacional pola repoboación do medio rural e o reto demográfico. Os obxectivos que se perseguen coa firma deste documento son os de alcanzar a cohesión social, a vertebración territorial e un bo modelo para a convivencia.

Este cumio, organizado polo movemento "StartUp Village", reúne a máis de 400 participantes que representan a gobernos autonómicos, deputacións provincias, numerosos municipios, a Comisión Europea e o Parlamento Europeo.