Deputación e Concello da Rúa avanzan no tema de infraestruturas para o novo centro de saúde
Ourense, 30 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, con quen analizou temas de cooperación entre a institución provincial e o concello rues. Entre os asuntos que trataron avanzaron cuestións relativas ás infraestruturas precisas para o novo centro de saúde.