A Deputación e a Federación Veciñal Limiar estreitan lazos de colaboración
Luis Menor mantivo un encontro institucional coa nova directiva da Federación Veciñal Limiar, presidida por José Luis Lorenzo Blanco
Ourense, 25 de setembro de 2025.
O presidente provincial, Luis Menor, recibiu no despacho da Deputación á nova directiva da Federación de Veciños Limiar, presidida por José Luis Lorenzo Blanco. Esta entidade agrupa a un gran número de asociacións veciñais da provincia (30 en total), estando a meirande parte delas radicadas na capital provincial.
Na reunión, a nova directiva de Limiar trasladoulle a Menor os seus obxectivos primordiais neste mandato, baseados na colaboración estreita cos asociados e reforzar a interlocución coas administracións, destacando a Deputación como fundamental nas súas peticións.
O presidente provincial, Luis Menor, valorou os obxectivos e peticións trasladadas pola nova directiva de Limiar e fixo un recoñecemento ao movemento veciñal, destacando a importancia das asociacións de veciños á hora de defender os intereses xerais da veciñanza, “sendo como son interlocutores plenamente válidos para acadar eses obxectivos”.