A Deputación e o Colexio Oficial de Enfermaría renovan a súa colaboración para promover hábitos de vida saudables

Compartir

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á nova presidenta da entidade profesional, María José Menor, encontro no que analizaron liñas de colaboración que redunden en beneficio da cidadanía ourensá

Ourense, 30 de xullo de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense, María José Menor, encontro no que analizaron as liñas de colaboración abertas entre a institución provincial e a entidade profesional.

Luis Menor fixo un balance positivo do encontro coa presidenta dos profesionais de enfermaría, que accedeu o cargo o pasado mes de xuño. O presidente provincial comprometeuse a manter a colaboración xa existente, de modo particular con aquelas actividades que redunden en beneficio da cidadanía ourensá, como a promoción de hábitos saudables e liñas de prevención que redunden nunha mellor calidade de vida.

Pola súa banda, María José Menor trasladou ao presidente os proxectos nos que vai traballar a renovada dirección, sinalando que a Deputación de Ourense é un socio estratéxico pola súa implantación en toda a provincia.