A Deputación entrega 450 balóns aos clubs participantes na Copa Deputación de fútbol base

Compartir

Estes balóns distribúense entre os clubs en función do número de equipos inscritos na competición, que nesta tempada contou coa participación de 123 equipos de fútbol-8 e 109 de fútbol sala, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario deportivo base na provincia

Ourense, 11 de marzo de 2026.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado de Deportes, César Fernández, participou no acto de entrega de balóns destinados aos clubs que toman parte na Copa Deputación de fútbol base, unha iniciativa que busca apoiar a práctica deportiva entre os máis novos e reforzar o traballo das entidades deportivas da provincia.

No marco desta colaboración repartíronse 450 balóns entre os equipos participantes: 250 destinados ás categorías de fútbol-8 (alevíns, benxamíns e prebenxamíns) e 200 para os equipos de fútbol sala base (xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns). 

Estes balóns distribúense entre os clubs en función do número de equipos inscritos na competición, que nesta tempada contou coa participación de 123 equipos de fútbol-8 e 109 de fútbol sala, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario deportivo base na provincia. 

Durante o acto, César Fernández puxo en valor a importancia de apoiar o deporte formativo, destacando que iniciativas como esta contribúen a facilitar recursos aos clubs e a fomentar valores como o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo entre a mocidade ourensá.