A Deputación garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista de O Bolo

Compartir

Membros da corporación e traballadores do Pazo Provincial concentráronse fronte a sede da rúa Progreso, esta mañá

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado por outros membros da corporación, así como por traballadores do Pazo Provincial, gardou un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en O Bolo.

O acto tivo lugar esta mañá fronte á sede da Deputación de Ourense.