A Deputación, na clausura de Previsel

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto de clausura do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral (Previsel), que durante dúas xornadas acolleu en Expourense os últimos avances en materia de seguridade e prevención.

 

Ourense, 13 de marzo de 2025. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto de clausura do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral (Previsel), que durante dúas xornadas acolleu en Expourense os últimos avances en materia de seguridade e prevención.

Acompañado polo resto de autoridades, Fernández coñeceu o impacto deste salón, que xa é unha referencia no calendario do recinto feiral ourensán.

Durante dous días, os visitantes de Expourense informáronse de produtos e servizos novidosos en materia de prevención. Deste xeito, empresas e traballadores actualizáronse en materia de prevención.