A Deputación recibe a unha promoción de estudantes do Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol, no marco da súa viaxe de estudos a Galicia

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha promoción de estudantes do Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol, con sede en Bos Aires (Arxentina). A visita á Deputación de Ourense enmárcase na viaxe de estudos que este alumnado de Bacharelato realiza a Galicia durante o mes de setembro.

Ourense, 21 de setembro de 2026.

Rosendo Fernández agradeceu ao alumnado e ao profesorado o seu interese por coñecer a institución provincial e a realidade de Ourense, e convidounos a aproveitar esta estadía para descubrir o patrimonio, a cultura e os vínculos históricos que unen Galicia e Arxentina.

O deputado de Representación Institucional destacou que esta recepción «permite estreitar os lazos coas novas xeracións da colectividade galega en Bos Aires e achegarlles unha provincia que tamén forma parte das súas raíces».

Pola súa banda, o Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol amosou o seu agradecemento pola hospitalidade recibida durante a visita ao Pazo Provincial, unha cita que xa constitúe toda unha tradición para este centro educativo.