A Deputación referenda a colaboración con Medio Rural para facer fronte aos incendios forestais

Compartir

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta mañá nunha reunión coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, na que tamén estiveron presentes os alcaldes da Mancomunidade Voluntaria de municipios da Comarca de Ourense, na que se integran os concellos de Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, San Cibrao das Viñas,  Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Pereiro de Aguiar, representado tamén por Luis Menor como alcalde.

O encontro serviu para avanzar na colaboración entre a Xunta e esta entidade supramunicipal na loita contra os incendios forestais. Así, avaliáronse diferentes posibles vías de cooperación futura. 

Cómpre lembrar que Medio Rural e a Deputación ourensá veñen cooperando de xeito habitual no apoio a catro mancomunidades, as do Ribeiro, Terras de Celanova, Comarca do Carballiño e Comarca de Verín, con esta finalidade. Así, a principio deste mes de febreiro entregábanse, no marco deste protocolo, unha ducia de novos tractores con rozadoira para labores de prevención e extinción a estas mancomunidades.