A Deputación renova a súa posición no Comité Executivo das Cidades Termais Europeas con Partrimonio Histórico

Compartir

Durante a Asamblea da Asociación Europea de Cidades Termais con Patrimonio Histórico, celebrada na localidade lusa de Caldas da Rainha, procedeuse á renovación dos órganos rectores, nos que a Deputación participa da Comisión Executiva xunto a destinos termais de referencia en Europa coma Montegrotto (que ostenta a presidencia), Spa, Vichy, São Pedro do Sul , Budapest ou as Vilas Termais do Macizo Central Francés, entre outros. 

Caldas da Raínha, 09 de maio de 2026. 

A Deputación de Ourense vén de renovar a súa posición no Comité Executivo das Cidades Termais Europeas con Patrimonio Histórico. Así, durante a Asamblea da Asociación Europea de Cidades Termais con Patrimonio Histórico, celebrada na localidade lusa de Caldas da Rainha, procedeuse á renovación dos órganos rectores, nos que a Deputación participa da Comisión Executiva xunto a destinos termais de referencia en Europa coma Montegrotto (que ostenta a presidencia), Spa, Vichy, São Pedro do Sul , Budapest ou as Vilas Termais do Macizo Central Francés, entre outros. 

 A xerente do Inorde, Emma González, participou por delegación do presidente da Deputación, Luis Menor, na xuntanza da Asamblea. De feito, un dos principais activos recae no “Itinerario Cultural Europeo de Cidades Termais con Patrimonio Histórico” certificado polo Consello de Europa, no que está recollida a provincia de Ourense. Actuacións como o Thermal Pass of Europe, e campañas de visibilización da oferta termal europea en colaboración coa European Travel Comission, contribúen a promover os destinos Termais asociados. 

 No seo desta asociación tamén se teñen xenerado oportunidades de cooperación en materia de proxectos como o ThermEcowat, do que participa a Deputación, e estanse a emprender novas liñas de traballo destinadas a mellora da competitividade das pequenas empresas do ecosistema dos destinos termais.