A Deputación súmase á celebración do IV Centenario do Santuario das Ermidas

Compartir

O Bolo, 6 de outubro de 2024.

A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, asistiu á celebración do IV Centenario do Santuario das Ermidas, en O Bolo. Para conmemorar o inicio da construción deste Santuario, Ben de Interese Cultural desde 2006, continúase a organizar actividades que pretenden dar a coñecer a historia deste singular templo convertido nun dos centros de peregrinación máis importantes do noroeste peninsular.