A deputada de Políticas Sociais participa na presentación do calendario de Down Ourense
Coles, 22 de novembro de 2023.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participou hoxe no estadio de fútbol de Coles, na presentación da nova edición do calendario solidarios da asociación Down Ourense. Os beneficios obtidos coa venda dos 1.200 almanaques irán destinados integramente aos programas de promoción da autonomía que se levan a cabo en Down Ourense.
Nesta ocasión, a asociación contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, o fotógrafo Emilio Romanos Castiñeira, a Unión Deportiva Ourense, Grupo TAR, Angelo Milano, Ourenmatel e o Centro Comercial Ponte Vella.