A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, aborda liñas de colaboración coa asociación Bicos de Papel
A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, e a directora adxunta da Área de Benestar Social reunironse coa directora, Natalia Dieste e a vogal Beatriz González, da asociación Bicos de Papel, cuxa misión é a de dar axuda e soporte ós nenos pacientes oncóloxicos e familiares tratados no hospital Álvaro Cunqueiro, proporcionándolle apoio dende o momento do diagnóstico e durante todo o proceso da enfermidade e recuperación, atendendo ás familias da provincia de Ourense alí desprazadas. Nesta reunión ademais de coñecer a súa labor tamén se tratou unha futura colaboración.