A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, reúnese coa directiva da Asociación contra o Cancro en Ourense

Compartir

Ourense, 23 de outubro de 2023.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación contra o Cancro en Ourense. Este primeiro encontro institucional serviu para expoñer a programación de actividades da AECC en Ourense e definir as accións de colaboración coa Deputación, reforzando así a cooperación que sempre existiu entre esta asociación e a institución provincial.