A deputada de Políticas Sociais visita o tradicional mercado solidario de nadal de Aspanas
Ourense, 30 de novembro de 2023.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, visitou esta tarde o tradicional mercado solidario de Nadal que organiza a Asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Ourense (Aspanas). Poderá visitarse desde o 27 de novembro ao 1 de decembro no número 1 da rúa Juan de Austria, esquina coa rúa das Tendas, en horario de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 20.00 horas. Están á venda complementos, accesorios, roupa e decoración que foron realizados polos propios usuarios de Aspanas.