A deputada delegada para Valdeorras asiste á sinatura do convenio para mellorar a iluminación do santuario de As Ermitas

Compartir

O santuario de Nuestra Señora de las Ermitas renovará a súa iluminación interior. A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, acudiu á sinatura do convenio entre a Diócese de Astorga e a Fundación Iberdrola España

O santuario de Nuestra Señora de las Ermitas renovará a súa iluminación interior. A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, acudiu ao acto de sinatura do convenio entre a Diócese de Astorga e a Fundación Iberdrola España, grazas ao que se que permitirá poñer aínda máis en valor este templo.

O santuario, situado no concello de O Bolo, cumpriu 400 anos de historia en 2024. É un polo de atracción de visitantes para a comarca de Valdeorras e para o conxunto da provincia de Ourense.