A deputada Patricia Torres asiste aos actos do “Día na honra de Otero Pedrayo”
Trasalba, 10 de setembro.- A deputada portavoz e delegada de Políticas Sociais, Conciliación e Envellecemento Activo, Patricia Torres, asistiu hoxe aos actos organizados con motivo da celebración de "Un día na honra de Otero Pedrayo". En Trasalba celebrouse unha misa cantada polo Coro de Voces Graves de Vigo. A xornada mantinal incluíu a presentación da proposta de creación dunha da praza dedicada a Ramón Otero Pedrayo e unha visita teatralizada á casa museo, a cargo de Teatro Platea.