A deputada provincial de Mocidade asiste á apertura da II Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social, que conta co apoio da Deputación

Compartir

Lobios, 30 de setembro de 2023.- A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge, asistiu hoxe, en Lobios, ao acto de apertura da II Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social e II Seminario Internacional de Educación Social que reúne a centos de persoas de diferentes institucións académicas de Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal.

Este evento, que conta co apoio da Deputación, pretende ser un espazo no que poidan convivir figuras profesionais, docentes das Universidades e alumnado que, ao mesmo tempo, se enriquezan da etnografía, cultura e natureza do Xurés.