A deputada provincial Teresa Barge asiste á entrega dos IX Premios Executivas de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024.
A deputada provincial Teresa Barge, asistiu esta tarde na cidade da Cultura en Santiago de Compostela, á entrega dos IX Premio Executivas de Galicia que recoñecen o labor de mulleres referentes que marcaron un camiño.
Nesta edición as socias de Executivas de Galicia seleccionaron á catedrática de Dereito, Emilia Casas Baamonde, co IX Premio Executivas de Galicia. Como novidade, este ano crearon unha nova categoría para recoñecer o labor das referentes galegas no exterior, resultando a directora financeira da OCDE, Ana José Varela, a primeira muller en recibir o Premio Internacional Executivas de Galicia.