Entrega dos premios da Fundación Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato

Compartir


Ourense, 5 de marzo de 2022. - O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou este mediodía no Pazo de Trasalba na entrega dos novos premios para estudantes da ESO e Bacharelato da Fundación Otero Pedrayo. No acto celebrado en Amoeiro tamén interviñeron, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López. Os galardóns na categoría individual e colectiva foron para  o IES Eduardo Pondal, de Ponteceso, polos traballos de Hadrián Félix Neira Varela e do grupo O Clan dos Pedrayo.