Entrega dos Premios do Cluster da Comunicación, en Expourense

Compartir

Ourense, 4 de novembro de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta tarde no recinto feiral de Expourense, na entrega da primeira edición dos "Premios Paraugas" cos que o Clúster de Comunicación de Galicia, pretende recoñecer publicamente o saber facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosa Comunidade Autónoma. Ás 18 categorías de premios que se estableceron optaron un total de 480 candidaturas.

No acto estiveron presentes profesionais de toda Galicia, entre os que se atoparon directivos de marketing e comunicación de destacadas empresas, así como de axencias de publicidade, deseñadores das artes gráficas e editores, e outros expertos destes campos, que contribúen co seu traballo a fomentar a competitividade galega no eido da comunicación.