A Escola Provincial de Danza - Castro Floxo celebra o seu fin de curso
Ourense, 15 de xuño de 2024.
A Escola Provincial de Danza do CCP Xaquín Lorenzo celebrou esta tarde o festival de fin de curso 2023-2024, no que os 200 alumnos se dividiron en dous grupos para realizar dúas sesións, a primeira ás 18.30hrs e a segunda ás 20.00hrs, cunha duración dunha hora cada unha.
Os membros da Escola, de idades comprendidas entre os 4 e 75 anos ofreceron unha recompilación de pezas de música, canto e bailes tradicionais aprendidas durante o curso. Con este festival finaliza o curso lectivo 2023-2024 da Escola Provincial de Danza, e todas as persoas interesadas poderán formalizar a matrícula para o curso 2024-2025 durante o mes de setembro.
Pero a actividade da Escola de Danza - Castro Floxo continúa con diferentes actuacións previstas durante a temporada estival, con actuacións na TVG, a participación no Festival Internacional de Vinhó (Portugal), que se celebrará entre os días 19 e 21 de Xullo, a Romaría Etnográfica de Loñoá, Pereiro de Aguiar, a Danza de Sta. Tegra, en Castro Caldelas ou a inauguración das Xornadas de Folclore de Ourense, en agosto.