Estrea do documental "Caminos de tierra", no Teatro Principal
Ourense, 30 de xaneiro de 2020.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu á estrea do documental "Caminos de tierra", o primeiro filme rodado integramente con enerxías renovables, realizado co apoio da Deputación de Ourense. O acto, que tivo lugar no Teatro Principal de Ourense, contou coa participación dos protagonistas do documental: o responsable de marketing dixital, Nacho Sola; o condutor e o técnico deportivo, Andrés Gonzalo; e o produtor, José Antonio Quintas. A presentación do acto estivo a cargo do actor Serxio Pazos. O documental narra a viaxe que tres mozos ourensáns viviron desde Galicia a Galitzia (Polonia) nunha caravana autosostible, para demostrar o potencial das enerxías renovables e o atractivo turístico da nosa provincia. En 45 días percorreron 11 países.