Éxito económico e promocional para Ourense co paso da "Vuelta a España" pola provincia

Compartir

 

Ourense, 14 de setembro de 2014.- O paso da "Vuelta a España" por Ourense foi un éxito económico e promocional para a nosa provincia, cuxa imaxe foi difundida por todo o mundo a raíz do desenvolvemento desta proba ciclista. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, estivo presente na saída da penúltima etapa, en Luintra, e alí saudou ao ciclista Alberto Contador, quen finalmente foi o gañador da "Vuelta". A meta desta etapa, que tamén foi gañada por Contador, estivo no porto lucense dos Ancares e o seu percorrido realizouse nos seus primeiros quilómetros pola Ribeira Sacra, o que permitiu, asemade, amosar ao mundo este fermoso enclave da provincia de Ourense e favorecer a difusión deste espazo que a Deputación de Ourense, xunto con outras administracións, está a promover como Patrimonio da Humanidade.