A exposición "Rarezas", de Antonio Quesada, reúne no centro cultural "Marcos Valcárcel" obras con técnicas experimentais do pintor

Compartir

  • A mostra será inaugurada mañá venres, ás 20.00 horas, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Ourense, 28 de febreiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará mañá, ás 20.00 horas, no centro cultural "Marcos Valcárcel" a exposición "Rarezas", do pintor Antonio Quesada. A mostra, comisariada por Teruca Cendón, presenta pezas, moitas delas únicas, traballadas con técnicas coas que experimentou Antonio Quesada, obras persoais que atesoura o seu círculo máis íntimo e outras que transitaron por diferentes vieiros artísticos. Esta exposición complementa á do mesmo artista que exhibe a sala de arte Afundación en Ourense, titulada "Antonio Quesada. Dende o sentimento", con 34 obras de colecciones particulares e de institucións, destacando unha importante presenza de pezas pertencentes á colección de Arte de Afundación.