A Festa do Pulpo do Carballiño celebra as súas vodas de ouro con gran éxito

Compartir

A vila do Arenteiro acolleu onte a súa 50 edición da Festa do Pulpo arroupada por 80.000 personas que acudiron a degustar este manxar tan exquisito e ratificar así a súa declaración como Festa de Interés Turístico Nacional como declarou a secretara xeral para o turismo, Carmen Pardo.

Acompañados de bon tempo, os comensais acudiron ó parque municipal, epicentro da festa, rexistrando un cheo absoluto, con 40 caldeiras de pulpo, 20 bares de comida e 200 postos ambulantes. Ó redor de 1.200 personas degustaron 800 kilos de pulpo, ademáis de carne ó caldeiro e, por suposto, as cañas da Confitería Cerviño, que tamén cumplen 50 anos. O viño Pazo Ribeiro foi o elexido como complemento indispensable.

O alcalde da vila, Argimiro Marnotes, acompañado por diversas autoridades, Carmen Pardo, Roberto Castro, Rosendo Fernández,…, renderon unha cálida homenaxe ás pulpeiras de Arcos, representadas nunha delas, Morocha, de 89 anos, xubilada, que recibiu como agasallo un cuadro conmemorativo de Juan Valcarce, ó mesmo que foi entregado á secretaria xeral para o turismo, Carmen Pardo, ó subdelegado do goberno, Roberto Castro, e ó vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

No acto tamén se anunciou que a próxima edición, 2013, será adicada a Vigo, polos estreitos lazos que unen ás dúas localidades.

Un ano máis, consolídase o éxito desta Festa, que ó longo dunha semana, contribuiu a manter a toda a provincia nun referente puntal do turismo gastronómico como en anos anteriores.