Convenio para dotar a provincia de Canceiras
No pleno de hoxe, 28 de decembro de 2012, levouse á aprobación o convenio marco de cooperación entre a deputación provincial de Ourense, os concellos de Xinzo de Limia, O Carballiño, Melón, agrupación de concellos de Muíños, Bande, Lobeira, Entrimo e Lobios, e a agrupación de concellos da Rúa, Petín, Larouco e Vilamartín de Valdeorras, así como os concellos que se adhiran. Este convenio ten como obxectivo a ordenación e xestión, por parte da deputación provincial, en réxime de competencia delegada e carácter intermunicipal, do servizo de recollida de animais abandonados dependentes dos centros de recollida de Xinzo de Limia, O Carballiño, e dos futuros centros situados en Melón, Muíños e A Rúa.
O convenio regula as condicións para a ordenación e xestión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de animais abandonados dependentes dos centros de recollida actualmente situados en Xinzo de Limia e O Carballiño e nos futuros centros de recollida situados en Melón, Muíños e A Rúa.