Moción de apoio aos traballadores de Unitono no Parque Tecnolóxico de Galicia

Compartir

No pleno da Deputación de Ourense, aprobouse por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores de Unitono, solicitando a Gas Natural Fenosa que mantivera a carga de traballo en San Cibrao das Viñas e instando á Xunta a utilizar todos os medios necesarios para asegurar esta situación.

No pleno da Deputación provincial de Ourense do 27 de setembro aprobouse por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores de Unitono, no Parque Tecnolóxico de Galicia, que contén os seguintes puntos:

- Esixirlle a Gas Natural Fenosa o mantemento da carga de traballo que tiña Unitono Servicios Externalizados no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, para garantir a actividade e os postos de traballo nel.

- Instar á Xunta de Galicia para que empregue todos os métodos ao seu alcance para que Gas Natural Fenosa siga a manter esta carga de traballo.

- Trasladarlles este acordo á empresa Unitono Servicios Externalizados, ao Comité de Empresa e aos representantes dos traballadores nela.