Moción GPP para a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante, con especial atención á poboación venezolana
Moción GPP para a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante, con especial atención á poboación venezolana
Os populares defenderán unha moción no pleno da Deputación
O grupo provincial do PP esixe ao Goberno de España a mellora da atención e integración do colectivo inmigrante, con especial atención á poboación venezolana
● A voceira dos populares, Patricia Torres, xunto ao presidente da Asociación de Venezolanos “Alma Llanera”, Lorenzo González; e a deputada Teresa Barge, analizaron polo miúdo a necesidade de garantir unha maior axilidade nos trámites que deben realizar as persoas inmigrantes, así como evitar que as mafias existentes se lucren por trámites que son gratuitos, como por exemplo, as citas na Comisaría para tramitar o NIE
● “No Partido Popular poñemos de manifesto esta problemática para que o Goberno de España axilice a homologación dos trámites, pois nesta provincia precisamos que as familias que queren vir se arraiguen, algo fundamental para o reto demográfico”, sinalou Patricia Torres. “É absolutamente necesario para fixar poboación activa no rural, e poboación moi cualificada, ademais”, precisou Teresa Barge
● Lorenzo González recalcou que “mocións coma esta son moi necesarias para que poidamos loitar contra a nosa indefensión”, lembrando que son máis de 9.000 as persoas procedentes de Venezuela que están a residir actualmente na provincia, “pero poderían ser moitas máis se non existisen tantas trabas para poder legalizar a súa situación e traballar”