Moción para o pleno do 29 de xullo para que a lista máis votada exerza a alcaldía

Compartir

O PP de Ourense pide que a lista máis votada nas eleccións locais exerza a alcaldía, cunha moción para o pleno do 29 de xullo.

O grupo provincial do Partido Popular de Ourense presenta, para o seu tratamento no pleno do 29 de xullo, unha moción na que solicita que a corporación provincial adopte as medidas legais oportunas que garantan o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns, de tal xeito que a lista máis votada nas eleccións locais exerza a alcaldía.