Moción a prol da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
O pleno da Deputación de Ourense aprobou unha moción de apoio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, instando ao Goberno galego e ao Goberno de España a colaborar no proceso.
O pleno da Deputación provincial do 27 de setembro acordou aprobar unha moción de apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Humanidade, nos seguintes termos:
1º.- Impulsar a candidatura da Ribeira Sacra para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
2º.- Dirixirse ao Goberno Autonómico para poñer en marcha o procedemento correspondente para a formalización da dita candidatura e requirir a súa necesaria colaboración.
3º.- Instar ao Goberno de España para que, unha vez elaborada a candidatura, promova a dita declaración diante do Comité do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
4º- Remitirlles aos concellos que forman parte do territorio obxecto da declaración e á Deputación provincial de Lugo este acordo para que se sumen a esta iniciativa.