Montse Lama: “mister casta é un mentirán ao afirmar que non existe ninguna causa xudicial aberta contra el”
A deputada popular lémbralle ao voceiro socialista na Deputación que ten aberta unha causa contra el como alcalde de Ribadavia, presentada por un traballador municipal en defensa dos seus dereitos fundamentais, “unha acusación moi grave contra un representante público polo que ten que demitir dos seus cargos”.
A deputada popular, Montse Lama, manifestou hoxe ao remate do pleno da corporación provincial o seu asombro pola ousadía do voceiro socialista da Deputación á hora de afirmar que non ten ningunha causa xudicial aberta contra el. “Mister casta, porque ven a ser unha clase moi especial de representante público, é un mentirán sen ningún tipo de complexo, que é capaz de negar feitos coñecidos como unha demanda contra el en defensa dos dereitos fundamentais presentada por un traballador do Concello de Ribadavia, do que é alcalde”.
Os feitos denunciados constitúen “unha acusación moi grave contra un representante público, polo que ten que demitir dos seus cargos”, enfatizou a deputada, lembrando que o caso está agora no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á espera dunha resolución, “xa que están a impedir que se entren a xulgar os feitos alegando a prescipción da causa”.
“O voceiro socialista segue a dar mostras do seu xeito de facer política, que non é outro que o insulto e a falta de respecto nas súas intervencións, mesmo ameazando xa ao inicio do pleno de hoxe que non sería unha sesión tranquila”. Para a deputada popular, “esta actitude réstalle calquera tipo de credibilidade ás súas palabras, nas que nin por asomo escoitamos proposta algunha”.
Montse Lama advirte ao voceiro da oposición que, grazas á retransmisión dos plenos na web da Deputación, “os ourensáns teñen a oportunidade de comprobar obxectivamente a súa política destrutiva, valeira de iniciativas e que só ten como obxectivo poñer obstáculos a calquera proxecto que axude ao desenvolvemento da provincia”.