O grupo do Partido Popular presentará ao pleno senllas mocións para a mellora do transporte público na provincia e en apoio á Festa do Boi
Ambos os dous textos foron presentados con antelación suficiente para que os grupos políticos teñan un axeitado coñecemento destas iniciativas.
O grupo do Partido Popular rexistrou esta mañá dúas mocións para o seu debate no pleno ordinario que a corporación municipal celebrará o próximo día 27 e nas que se solicita á adopción de iniciativas para a mellora do transporte público na provincia e mailo apoio á Festa do Boi de Allariz.
Coa finalidade de garantir un axeitado coñecemento destas iniciativas por parte dos partidos políticos con representación na corporación provincial, o grupo do Partido Popular presentou ambas as dúas mocións con antelación suficiente para que poidan ser dictaminadas polas comisións nas que se abordarán estes asuntos.
O primeiro dos textos, relativo á mellora do transporte público, ven de instar ás administracións públicas con competencia en materia de transporte a que revisen os servizos que están a prestar entre as vilas máis poboadas da provincia e a capital, tomando como punto de partida as demandas formuladas por todos los grupos políticos con presenza no Concello de O Carballiño.
A segunda das mocións pide o apoio da corporación provincial á Festa do Boi de Allariz, da que se destaca a súa importancia como tradición polo seu arraigo histórico, senón tamén pola súa proxección na oferta turística da provincia e o impacto económico que ten na propia vila.