O voceiro socialista na Deputación recorre a cargos do PSOE en Madrid e Galicia para buscar os apoios que non atopa na provincia

Compartir

O deputado popular, Juan Anta, afirma que os socialistas xa están en campaña, tratando de desviar a atención cara o seu partido e visitando á oposición socialista na Deputación para intentar defender o indefendible”.

“É todo un síntoma de soidade que o portavoz da oposición socialista véxase na necesidade de buscar apoios no PSOE nacional e galego para facer fronte á reprobación e petición de dimisión aprobada polo pleno da Deputación de Ourense”, manifestou o deputado do grupo provincial popular Juan Anta, ao valorar a visita realizada á oficina do grupo provincial socialista por cargos do partido en Galicia, visita “na que é chamativo que nin estivera a secretaria de organización do PSOE de Ourense, María Quintas, ou outros nomes destacados como Laura Seara”.

Para Juan Anta, a presenza da secretaria federal de administracións públicas do PSOE e a presidenta da xestora do PSdeG evidencia que “en Madrid xa están perfectamente enterados da reprobación do portavoz da oposición, polo que se desprazaron a Ourense para coñecer e pedir expliacións polas malas mañas que está a usar”. O Partido Popular só ten como obxcetivo, dixo “facer política con maiusculas e non caer no insulto e na mentira de maneira permanente, que aos veciños da nosa provincia non lle resolven ningún problema ni os axuda na súa vida diaria”.

Esta visita, engadiu o deputado popular, non é máis que o inicio da campaña electoral por parte dos socialistas, “que nunha magnífica estratexia -ironizou- tratan de desviar a atención falando de calquera asunto para evitar que se fale da situación do seu partido en Galicia, con persoas que non queren saber nada de liderar a formación ou que critican publicamente sen cortarse a outros candidatos”.

Non menos rechamante resulta, puntualizou Juan Anta, que a presidenta da xestora do PSOE en Galicia visite ao portavoz provincial dos socialistas na mesma Deputación, “aínda que se entendería se falase das imputacións do anterior secretario xeral ou do seu acceso por accidente á presidencia da xestora, como tamén o deputado Ignacio Gómez chegou por accidente á portavocía do PSOE na Deputación, ou do seu pasado no goberno de Manuel Fraga en 2002, onde exerceu como directora xeral de Relacións Laborais”.

“Non sabemos -engadiu Anta- se neste desatino político no que está inmerso o PSOE contemplarían a posibilidade de nomear a Ignacio Gómez como outro candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE, tanto pola súa actitud, por demostrado respecto ao contrario ou pola súa capacidade de dicir sempre a verdade”.