Pablo Perez: “É indignante ver como se atreve a dicir o voceiro socialista que non contestamos a todas as súas preguntas”

Compartir

Para o coordinador do grupo popular, o deputado da oposición “é un mentireiro compulsivo”, instándolle a que poña fin “á súa actitude de difamación”.

O coordinador do grupo provincial popular, Pablo Pérez, expresou esta tarde a súa máis absoluta indignación ante a actitude do voceiro socialista no pleno celebrado esta mañá “onde non deixou de mentir en todo momento, mesmo asegurando que o presidente, Manuel Baltar, non respondeu por escrito a todas as preguntas formuladas pola oposición nos plenos, o que é totalmente falso”.
Pérez rebatiu as palabras do deputado da oposición ao sinalar que dende a sesión ordinaria do pasado mes de decembro e ata o pleno de febrero, “o presidente respondeu a nove preguntas, a meirande parte delas do grupo nacionalista, dous de Democracia Ourensana e as dúas restantes dos socialistas”. 
Os datos, recollidos nun comunicado feito público pola propia Deputación “falan por si sós e espero que á vista deles saiba rectificar as súas falsedades, como as outras que se atreveu a dicir no pleno sobre o alcalde de Ramirás ou a súa situación xudicial”.
Para o coordinador do grupo popular, o portavoz socialista “é un mentireiro compulsivo xa que non alcanzo a comprender como é capaz de asegurar ante a corporación e a opinión pública que o equipo de goberno non cumpre coa súa palabra, cando é totalmente falso”, instándolle a que poña fin “á súa actitude de difamación”.