Rosendo Fernández: “o atrevemento de Pérez Jacome chega a límites absurdos ao negar o contido de documentos oficiais”
O vicepresidente primeiro da Deputación lémbralle ao voceiro de D.O. que ás únicas xestións da institución provincial para traer a Ourense La Vuelta foron con Unipublic
“O deputado Pérez Jácome non é quen de comprender as respostas ás súas propias preguntas nin tan siquera ver os logotipos da presente edición de La Vuelta a España”, sinala o vicepresidente primero da Deputación, Rosendo Fernández, en resposta ao voceiro de Democracia Ourensana “que unha vez máis volve a demostrar que o seu único interese é poñer atrancos a calquera xeito de promoción da nosa provincia”.
Para Rosendo Fernández, “o deputado da oposición actúa con mala fe lanzando á opinión pública mensaxes totalmente falsas”. Así, o vicepresidente primeiro lembra que en ningunha das dúas respostas do presidente, Manuel Baltar, a senllas preguntas sobre o custo e patrocinio de La Vuelta se lle dixo que a institución provincial foxe patrocinador único, “por certo ningunha delas en plenos de 2015 como afirma”.
Tralo pleno de xaneiro do presente ano e a unha pregunta sobre o custo desta iniciativa, o presidente respondeu por escrito que “a cantidade que a Deputación de Ourense acordou con Unipublic, xa orzamentada, importa 200.000 euros”. Logo do pleno de febreiro e tras preguntar sobre a participación da Xunta de Galicia, o presidente incidiu en que “os únicos acordos que fixo a Deputación foron con Unipublic”.
Rosendo Fernández engade que o atrevemento do deputado Pérez Jácome chega xa a límites absurdos ao falar de mentiras “cando documentos oficiais, que por suposto tamén ten, din absolutamente todo o contrario”.
Un atrevemento que para o vicepresidente xa é difícilmente cualificable ao negar o deputado de D.O. que o logotipo da Deputación non figure na publicidade, “como puido ver esta mañá todo o mundo, por exemplo, na presentación do spot oficial de La Vuelta, claro que Pérez Jácome ao parecer só estaba preocupado por se facer unha foto coa autora da canción oficial, Marta Sánchez”.