Torneo Solidario de Nadal

Compartir

O xoves 27 de decembro, o Pavillón dos Remedios en Ourense acollerá un Torneo Solidario de Nadal para recadar fondos e alimentos para os máis necesitados.

Hoxe xoves, 27 de decembro, ás 20.00 horas, no Pavillón dos Remedios de Ourense celebrarase o Torneo Solidario de Nadal .

 

No devandito torneo participarán equipos integrados por xogadores da Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e os medios de comunicación. O público asistente poderá colaborar solidariamente mediante un donativo de 3 € ou coa achega de alimentos, sendo a entrada gratuíta para os menores de 15 anos. Asemade, farase un sorteo de agasallos doados por diversas firmas e entidades colaboradoras.

 

Esta actividade está dirixida a recadar fondos e alimentos para as persoas máis necesitadas da provincia de Ourense, unha actividade na que dúas institucións como a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense únense para acadar o máximo éxito de convocatoria de público, labor na que tamén participan os xornalistas ourensáns de diferentes medios de comunicación para que a xornada sexa un reclamo á solidariedade da cidadanía ourensá con esta causa, e na que o PP como non podía ser menos se suma.