Moción sobre a alta velocidade na Provincia de Ourense

Compartir

JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ, deputado e portavoz provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN SOBRE ALTA VELOCIDADE NA PROVINCIA DE OURENSE.

JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ, deputado e portavoz provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN SOBRE ALTA VELOCIDADE NA PROVINCIA DE OURENSE, que espera sexa incluída na sesión plenaria en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Alta Velocidade a Galicia supón unha importante actuación na rede de transporte de ferrocarril de España e Europa, e dende logo é vital para o desenvolvemento da nosa rexión.

Unha actuación longamente esperada e que fai xustiza a nosa terra, e sitúanos en condicións de competitividade con outras rexións que xa contan con dita infraestrutura.

Supón tamén un gran esforzo técnico, un esforzo inversor importante do Estado e a Unión Europea de máis de 9.000 millóns de euros (máis os 4.000 millóns de Madrid-Olmedo).

A liña defínese nos seguintes grandes tramos Madrid-Olmmedo, Olmedo-Zamora (106 qm), Zamora-Lubián (139 qm) e Lubián-Ourense (101 qm). Dende fai máis dun ano xa funciona Ourense- Santiago de Compostela- A Coruña (152 qm).

Por elo a demora na licitación dos únicos dezasete quilómetros  causa unha fonda preocupación polo retraso que supón na posta en servizo da Liña de Alta Velocidade, así como os rumores de non executar a variante exterior que evita a circulación polas vellas vías que cruzan o centro da cidade.

Por  todo o anteriormente exposto, o Grupo Provincial Socialista somete a consideración do Pleno a seguinte

PROPOSTA DE ACORDO:

  • Esixir que se acelere a contratación do último tramo pendente de licitación entre Galicia e Madrid, o de Taboadela-Ourense (17 qm) executándoo segundo a solución aprobada na Declaración de Impacto Ambiental do estudio informativo de integración urbana e con plenas características de alta velocidade ferroviaria.
  • Esixir que se acelere a contratación da Estación Intermodal da cidade de Ourense (Estación Central de Galicia) por ser unha infraestrutura fundamental para o pleno funcionamento da Alta Velocidade de Galicia.

Asdo.: José Ignacio Gómez Pérez