Moción sobre o cese do Presidente do INORDE

Compartir

JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ, deputado e portavoz provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN SOBRE O CESE DO PRESIDENTE DO INORDE.

JOSÉ IGNACIO GÓMEZ PÉREZ, deputado e portavoz provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN SOBRE O CESE DO PRESIDENTE DO INORDE que espera sexa incluída na sesión plenaria en base á seguinte:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende o Grupo Socialista, ano tras ano, vimos criticando a labor que se está a desenvolver dende o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. Un ente creado, xunto co xa desaparecido Padroado de Turismo, coa finalidade de dinamizar e promocionar a nosa provincia.

Vemos como este ente se vai financiando en cada exercicio con fondos provintes da propia Deputación e tamén de fondos europeos, sen que a súa laboura supoña un valor engadido para economía da nosa provincia.

Cada pouco tempo asistimos a presentacións grandilocuentes por parte da xerencia e da presidencia con novos proxectos que ó final se quedan en nada: cidade do motor, plan estratéxico, estacións, vía nova, CTC,  xeodestinos, etc...

Varios dos seus proxectos están hoxe na picota e están sendo investigados pola Comisión Europea, máis concretamente pola Oficina de Loita contra o Fraude.

A última ocorrencia é a de crear o Observatorio Económico Ourensán, outro invento máis que para o único que sirve é para ver como o Presidente da Deputación recorre as comarcas facéndose fotos, e contándonos algo que xa todos sabemos: que Ourense esmorece día a día.

A todo esto hai que sumarlle que os custos do persoal de dirección (Xerente e Presidente) é de máis de 140.000 € nun orzamento que só destina 3.000 € a inversión, é dicir case 50 veces superior. Compre dicir, que logo dun seguimento feito polo Grupo Socialista o presidente non acude practicamente ningún día o seu posto de traballo, polo tanto estamos pagando entre todos a unha persoa que non realiza o seu traballo.

Pero o colmo da inmoralidade é que o Presidente do INORDE, que non lle chegan os máis de 68.500 € que lle custa á entidade e os 9.000 € en dietas que percibe do Concello de Barbadás, aínda percibe 12.700 € de dietas da Deputación por asistencia a plenos e comisións, algo eticamente reprobable pero ademais de moi dubidosa legalidade.

José Manuel Freire Couto como Presidente do INORDE debía velar polo desenvolvemento da provincia, pero parece que realmente só velou  polo seu propio desenvolvemento como empresario, aproveitando misións comerciais da entidade para facer negocios propios, como el mesmo recoñeceu

Por  todo o anteriormente exposto, o Grupo Provincial Socialista somete a consideración do Pleno a seguinte 
PROPOSTA DE ACORDO:

  • Cesar de inmediato do Presidente do Inorde pola súa nula xestión á fronte do organismo.
  • Solicitar a devolución das dietas cobradas á Deputación de Ourense dende que é Presidente do INORDE, máis de 110.000 €

Asdo.: José Ignacio Gómez Pérez