Homenaxe a José Manuel Pérez Canal

Compartir

Ourense, 9 de febreiro de 2019.- Impulsado polos expresidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño e Antonio Dieter Moure, celebrarase en Ourense no próximo mes de marzo unha homenaxe da sociedade civil galega e ourensá á figura do que fora presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, recentemente falecido. A Deputación, tal e como lles confirmou o presidente Manuel Baltar aos empresarios, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, colaborará con este acto de homenaxe ao igual que a CEO en lembranza da traxectoria de Pérez Canal, unha das persoas máis significadas a prol do ámbito empresarial da provincia de Ourense.