Homenaxe a Rosalía, Curros e Pondal na V Festa da Palabra, na Insua dos Poetas

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistíu na Insua dos Poetas (Esgueva, O Carballiño) á V Festa da Palabra, que este ano homenaxeou a Rosalía, Curros e Pondal, con motivo da celebración do 150 aniversario da publicación de 'Cantares gallegos', obra que marcou o inicio da nova traxectoria do idioma galego no século XIX.

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez; os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística da Xunta de Galicia; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e o poeta, intelectual galego e organizador do evento, Luis González Tosar.

A Fundación presidida por González Tosar concedeu os Premios Setecarballas, que recaeron na Fundación Premios da Crítica de Galicia, no pintor pontevedrés Antón Sobral, na Asociación Ridimoas, no Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires, en Aceites Abril, na Asociación antidroga Renacer Ribeira, e na sección de Cultura do xornal La Voz de Galicia.