Horario de verán do Centro Cultural "Marcos Valcárcel"

Compartir

Como xa e tradicional o Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense adapta os seus horarios de fin de semana nos meses de xullo e agosto, abrindo os sábados e domingos en horario matinal, entre as 11:00 e as 14:00 horas. A institución cultural da Deputación mantén a súa oferta cultural abrindo as súas salas de exposicións todos os días da semana, de luns a domingo. Actualmente pódense ver as exposicións "Reflexarte", onde grandes escultores galegos experimentan con vidro, "Envolturas perimetrais" na que se amosa a innovadora obra picto-escultórica de Guillermo Pedrosa, e "Aqueles primeiros anos", onde se repasan as dúas primeiras lexislaturas do Parlamento de Galicia.