I Congreso "Alcaldes & innovación", en Segovia
Ourense, 9 de novembro de 2017.- Os deputados provinciais Ana Villarino e Juan Anta, alcaldes de Oímbra e A Veiga, e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, participan no I Congreso internacional "Alcaldes & Innovación" que hoxe e mañá se celebra en Segovia, un punto de encontro entre expertos e alcaldes en torno a casos inspiradores e de éxito que se desenvolven no ámbito local. No congreso, ademais de presentarse diferentes casos de éxito de España e Francia, trátanse temas como a innovación, o valor das persoas e as posibilidades de financiamento, todo elo nun espazo didáctico e de aprendizaxe a través do intercambio de experiencias no ámbito local.